
A mellora da estrada Xinzo-Baltar, a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na súa vila natal, o peche do programa Preescolar na casa en Verín e a festa do boi en Allariz, imaxes de portada neste número.
Vén de editarse o número de xuño do periódico Barrios, nas súas edicións de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.
Un número de 32 páxinas no que informamos, entre outros temas, do Plan Ourense 92 presentado pola Deputación de Ourense, das novas axudas á rehabilitación de vivendas no casco histórico e barrio de San Lázaro de Verín, das eleccións na D.O. Monterrei, dos debates políticos ao redor da supresión dos partidos xudiciais nas vilas da provincia, das obras na estrada OU-304 en Xinzo, da autorización da Xunta á planta de tratamento de residuos de Morgade, do balance dun ano de lexislatura en Maceda, dos orzamentos de Celanova, das xornadas gastronómicas da carne de boi en Allariz, do estado do centro de saúde de Padrenda e do persoal do ambulatorio de Ramirás, ou do plan para previr o aumento de cianobacterias no encoro das Conchas.
Ademais toda a actualidade deportiva, con tratamento destacado para as carreiras populares de Sandiás, Xinzo e Celanova e mailo Rali de Ourense; os artigos dos nosos colaboradores, a axenda cultural e o máis destacado do mes en imaxes.
Todo dispoñible xa na rede en pdf para a súa lectura.


























