
Os humoristas e comediantes de Vigo, Cada Día Peor, chegan a Ourense para presentar o seu espectáculo de humor, comedia e parodia para todas e todos os que desexedes pasar un bo rato no Antigua.
Venres 22 de xuño ás 22:00. Café Bar Antigua (Dr. Temes 22; zona campus). Ourense.
"Cada Día, Peor", é un trío de con base en Vigo, composto por profesionais da comunicación que optan por utilizar o humor como ferramenta de traballo. Propoñen un espectáculo de humor, unha web, un programa de radio, unha tira cómica, etc.
"Cada Día Peor" entende o humor desde o absurdo, tratando de escapar da broma máis convecional para tentar ofrecer unha alternativa diferente.
Compoñentes de "Cada Día Peor": Carlos Tresandí, Iván Rodríguez e Antón Veiga.





























