Os populares defenderán sendas mocións, na Deputación e no Concello de Ourense, encamiñadas a que se reduzan as tarifas do Avant entre Ourense e Santiago de Compostela.O traxecto do Avant entre A Coruña e Santiago se reduxo de 11,9 a 6,75 euros, o que supuxo unha rebaixa do 43%.
O Partido Popular levará aos vindeiros plenos da Deputación e do Concello, respectivamente, unha moción encamiñada a solicitar a RENFE que estudie a reducción das tarifas na línea Avant Ourense-Santiago, similar á aplicada na liña A Coruña-Santiago. Asemade, tamén solicitará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, así como ao Ministerio de Fomento, apoio expreso a esta demanda, absolutamente razonable para os intereses dos ourensáns.
Os populares ourensáns basean esta moción en que o pasado día 10 de xuño, os medios de comunicación recolleron o anuncio realizado por parte da ministra de Fomento do Goberno de España, de que o traxecto do Avant entre A Coruña e Santiago se reduciría de 11,9 a 6,75 euros, o que supón unha rebaixa do 43%.
Xustificouse tal decisión na demanda dos usuarios e en estudos técnico que aseguran que, coa rebaixa, aumentará o número de viaxeiros.
O Partido Popular de Ourense considera que a rebaixa da política de prezos tamén contribuiría ao aumento do número de viaxeiros entre Ourense e Santiago de Compostela.
Por último, coas novas tarifas entre A Coruña e Santiago, o precio aproximado por quilómetro (79) sería de 0,09 euros, mentras que entre Ourense e Santiago (100), estaría en torno aos 0,15 euros por quilómetro, un dos traxectos máis caros de España.
Por todo elo, os populares ourensáns levarán aos vindeiros plenos da Deputación e do Concello a devandita moción, xa presentada nos respectivos rexistros xerais de ámbalas dúas administracións.






























