mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Oscurantismo, despilfarro e falta de rentabilidade económica, claves das Festas de Ourense deste ano

E-mail Imprimir PDF

Os populares critican que a concelleira responsable non informase en tempo e forma sobre o programa festivo, ao non convocar xuntas de área.

Tamén lamentan o elevado gasto en tempos de crise (máis de medio millón de euros) para unhas festas das que se descoñece, ano tras ano, a súa rentabilidade económica. Os populares aínda agardan o informe económico ao respecto dos festexos do ano pasado.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense lamenta o que xa ven sendo unha política habitual dentro do Bipartito: o total oscurantismo e falta de información acerca de cuestións relevantes para a cidade.

Neste caso, as críticas dos populares van dirixidas á tardía presentación das Festas de Ourense. Pese a que os concelleiros do PPOU preguntaron insistentemente nas derradeiras xuntas de área convocadas sobre a programación dos festexos patronais da cidade, esta información foi negada por dúas vías: en primeiro lugar, non convocando xuntas de área nas que preguntar e, en segundo lugar, non informando nas sesións que si se convocaron (concretamente na da pasada semana, despois de tres semanas sen reunión).

Lamentan os populares que nestes tempos de enormes dificultades económicas se destinen máis de medio millón de euros (528.000€) a uns festexos de baixo perfil, con escasas actuacións de renome que consigan atraer xente cara a cidade de Ourense. Precisamente, os populares sospeitan que, como cada ano dende os últimos cinco, a rentabilidade dos festexos brillará pola súa ausencia. Doutro xeito, non se explica que a concelleira responsable siga negando sistemáticamente o informe económico que sustenta dita rentabilidade nas festas do ano pasado.

Por último, o Grupo Municipal do PPOU sospeita que este derroche en festexos con escasa rentabilidade para a cidade responde, unha vez máis, ao reparto de cromos existente entre PSOE e BNG, sendo estas festas un arma de propaganda política exclusiva dos nacionalistas, últimamente máis enredados en querellas laborais e turbios asuntos, que en xestionar con rigor e austeridade unhas festas que cada ano esmorecen na nosa cidade.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Saamira Ganay e unha actriz que compartirá con nós algunhas das súas experiencias e inquedanzas nesta sección "Avatares dunha actriz novata".

Tamén a podedes ler no periódico Ourense por Barrios todos os meses.

Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com









Banner

hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google