mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O Bipartito, fiel á súa política de despilfarro e amiguismo, evita aforrar 60.000€ anuais ocupando de novo a praza de director xeral

E-mail Imprimir PDF

O nomeamento do número 4 da lista electoral municipal do BNG como director xeral de Rehabilitación Urbana evidencia, de novo, que a colocación de comisarios políticos prima sobre inversións productivas ou o aforro nas arcas do Concello.

Co anuncio do nomeamento do novo director xeral de Rehabilitación Urbana do Concello de Ourense confírmase o que xa viña sendo evidente dentro da política de xestión do Bipartito: o amiguismo e a filiación política prima sobre as inversións productivas ou o necesario aforro nas arcas municipais.

Así o considera o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense, a tenor do nomeamento, de novo, dun comisario político nacionalista para un posto que debería ser ocupado en base a criterios máis técnicos que políticos, dada a natureza do cargo de director xeral de Rehabilitación Urbana. Fiel á súa filosofía de colocación, o Bipartito colocará como responsable desta Dirección Xeral a quen ocupou o número 4 da lista electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais.

O posto de director xeral no Concello de Ourense ten un custe bruto para as arcas municipais de 57.365,88€ anuais (Seguridad Social incluida), idéntico ao da concelleira non electa, outro cargo a todas luces prescindible para os cidadáns, pero imprescindible para a política executada polo Bipartito, máis preocupado por manter contentos aos amigos e familiares, que por acadar melloras globais para a cidade e os ourensáns. É por esto que o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense lamenta que o Bipartito presente uns presupostos carentes de inversións e, pola contra, non escatime en gastos para colocar a comisarios políticos en postos carentes de rentabilidade para os intereses da cidade.

 

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar

Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com


"Juego, luego existo" es la vida misma entendida videojuego. En cientos de sitios vereis análisis de juegos: gráficos, jugabilidad, etc. Aquí no.

El videojuego pasa a ser "vidajuego": reflexiones de un adicto a vivir y de un adicto a los sprites, los combos y el "continue"

Sólo para jugones, sólo para reflexivos y sólo para aquellos capaces de pulsar "start"









Banner

hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google