mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O PPOU agradece a Fomento que estudara a posibilidade de soterramento do AVE, como solicitou a cidadanía de Ourense

E-mail Imprimir PDF

O Partido Popular de Ourense quere expresar o seu agradecemento ao Ministerio de Fomento por estudar, tal e como solicitou a gran maioría da cidadanía ourensá, a posibilidade do soterramento da estación intermodal do AVE en Ourense, algo que foi posible grazas ao diálogo, o interese e seriedade amosados pola ministra Ana Pastor, unha petición que sistematicamente foi denegada sempre polo anterior executivo socialista.

Os populares ourensáns manteñen -como ten que ser- unha postura coherente co que viñeron defendendo dende o principio: pedir que se analizasen todas as posibilidades técnicas da integración da alta velocidade na cidade de Ourense, por ser esta unha das obras máis importantes que se van a acometer neste século na capital ourensá. Neste senso, o PPOU xa dixo no seu momento que se o soterramento non era viable técnica ou economicamente, acataría a decisión que adoitase Fomento, pero sempre sen buscar oportunismos políticos nin electorais como quere facer agora o PSOE, algo, por certo, recorrente e habitual no discurso socialista.

O Partido Popular de Ourense lamenta que os socialistas ourensáns, especialmente o seu alcalde, Francisco Rodríguez, (non se sabe se fala en nome del, do concello ou do goberno bipartito, cando critica ao PP por esta decisión) ande sempre na procura da frase fácil, negativa e sen fundamentos, en lugar manter a recomendable altura política que se lle supón como rexedor (ou co-rexedor) do goberno local.

Sempre dende o máximo respecto institucional e político, o Partido Popular de Ourense seguirá traballando para que o AVE sexa unha realidade que se fará efectiva cun goberno popular, mentres que o PSOE escúdase na crítica para ocultar que foi incapaz de traer a alta velocidade a Galicia, e o único que fixeron os socialistas foi enganar á cidadanía con falsas datas da chegada do AVE.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar

Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com


"Juego, luego existo" es la vida misma entendida videojuego. En cientos de sitios vereis análisis de juegos: gráficos, jugabilidad, etc. Aquí no.

El videojuego pasa a ser "vidajuego": reflexiones de un adicto a vivir y de un adicto a los sprites, los combos y el "continue"

Sólo para jugones, sólo para reflexivos y sólo para aquellos capaces de pulsar "start"









Banner

hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google