mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Os populares abandonan a comisión de pleno pola falta de respeto institucional do Bipartito

E-mail Imprimir PDF

A comisión de pleno extraordinaria urxente onde se levou o proxecto de orzamento xeral do Concello foi notificada oficialmente ao Grupo Municipal do PPOU con tres horas de antelación, sen tempo a revisar o expediente máis importante do ano. Os populares rexeitan a premura maliciosa do Bipartito, sobre todo cando levan 7 meses de retraso cos orzamentos, polo que non é xustificable unha convocatoria in extremis e posterior á presentación pública aos medios de comunicación.

Os concelleiros populares asistentes á Comisión de Pleno víronse na obriga de abandoar, este mediodía, a sesión urxente e extraordinaria deste órgano adicada a presentar o proxecto do orzamento xeral do Concello para o exercicio 2012 (integrado polo do Concello e do Consello Municipal de Deportes), bases de execución e anexo de persoal. Os populares consideran unha lamentable falta de respeto institucional o feito de seren convocados oficialmente ás 10.00 horas, tres horas antes da devandita sesión. Deste xeito, os membros do Bipartito impediron que os concelleiros populares puideran fundamentar o seu sentido do voto, sen poder analizar o proxecto de orzamentos (só contaban cun anteproxecto enviado por email), as bases de execución, a memoria da Alcaldía, o anexo de Persoal e os informes económico/financieiro e da Intervención Municipal.

Rosendo Fernández fixo constar en acta da Comisión de Pleno estes argumentos á hora de abandoar a sesión, do mesmo xeito que deixou claro que os populares non renunciarán ao período legal de presentación de emendas e alegacións. O portavoz municipal do PPOU lamentou a filigrana extremadamente maliciosa do Bipartito para impedir o acceso á información aos membros do grupo político máis votado da cidade. “Onde está o talante do que presume este Goberno Bipartito? Como pode dicir o señor concelleiro de Facenda que quere consensuar os orzamentos se non nos da a oportunidade de decidir o noso voto ao respecto? Esto non foi máis que un paripé, non discuto que legal, pero si que dende logo é malicioso en extremo. Estaban máis preocupados de organizar a súa rolda de prensa para presentar as contas que en manter o respeto institucional necesario entre os grupos políticos”.

Por último, o portavoz popular recalcou que a palabra do concelleiro responsable de Facende carece de valor algún: “Minte máis que fala. Sempre dixo que os orzamentos irían a un pleno extraordinario e agora resulta que irán no ordinario de xullo. Por que o fai? Para diluir a importancia do documento máis importante do ano, presentado xa cun imperdoable retraso, entre outros asuntos da orde do día”.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar

Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Que é o Fotomatón?

O Fotomatón quere ser unha sección ante a cal vostede, mirando a pantalla da computadora, se sinta retratad@ a través dos textos do escritor da Auria Jorge Emilio Bóveda.

Se vostede sente empatía por unha soa palabra das propostas desta sección ha de saber que foi retratado e que súa foto pertencerá dende ese intre aos arquivos da humanidade.

Un apartado de mundourense; o mundo de Ourense e alén, pois se conxuga o literario co humano envolvendo un armazón quizáis psicolóxico, quizais de sentido común; que, sendo o mais común dos sentidiños, escasea.

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google