Estamos nun momento no que en Galicia, igual que noutros lares, tamén están saíndo novas opcións en series, e non me refiro as series galegas que todos coñecemos e incluso algúns seguimos, grazas a Televisión de Galicia. Falo das webseries ou series web.
É un formato innovador e diferente no que están xurdindo novos profesionais e novas ideas que tampouco lle veñen mal o sector audiovisual, que as veces semella un tanto anquilosado, quizais condicionado polo que a audiencia demanda, e neste noso país o espectador da TVG é de series “brancas” e familiares. Exceptuando a serie Matalobos que conseguiu, que xente que nunca se interesara por as series galegas, o fixese.
Pero en internet a cousa e ben diferente, o público ó que van dirixidos estes produtos e máis novo, e apegado o uso de internet, redes sociais …
O formato ten certas características comúns, o baixo presuposto e a duración dos capítulos son as mais salientables. Moitos me din iso de que non cobrar nas curtametraxes non é rendible, pois se de cobrar se trata, salvo excepcións, cobrar nas series para a internet, tampouco.
Os capítulos soen ser de curta duración e poden durar dende 3 minutos ata 15, non hai normas. Na temática abonda a comedia e o humor absurdo, pero tamén as hai de intriga ou con temas cotiás.
Non podo evitar falarvos das que sego agora mesmo. “Angélica y Roberta”, é unha comedia de aire freak, na que dúas amigas moi peculiares deciden ir vivir xuntas a unha casa rural e enfrontarse os problemas normais de xeito moi diferente o resto dos mortais. “Entre Pipas” é unha serie con capítulos moi curtos, 3 ou 4 minutos aproximadamente, nos que dous amigos sentan tódolos días nun banco a falar das súas cousas, mentres comen unhas pipas, e o que semella unha conversa cotiá sempre remata con consecuencias ou conclusións imprevisibles. “JokeBusiness” penso que é a mais recente das tres, naceu como curta, e por iso so ten de momento o primeiro episodio. É un xogo de palabras con showbusiness, e conta as peripecias do audiovisual, cómo é traballar nisto e o que hai detrás, con sentido do humor e bastante ironía.
Animádevos a velas, e xa me contaredes.
Saamira Ganay































Comentarios
Unha aperta