mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O campamento urbán de Amencer cumple 25 anos

E-mail Imprimir PDF

Unha das citas imprescindible do cativos e cativas de Ourense en verán, o Campamento Urbán da Asociación Xuvenil Amencer, cumple xa 25 anos. Do 1 ao 14 de agosto Ourense acolle unha nova edición desta iniciativa para rapaces de entre 8 e 15 anos, totalmente gratuíta e sen límite de prazas. Unha ampla oferta de actividades de lecer por diferentes espazos da cidade que ademais, este ano, rememora os 25 anos de historia do campamento: cada día lembra algunha das edicións cunha actividade específica, por exemplo, a solta de globos inaugural do ano 1987.

O Campamento Urbán de Amencer realízase con apoio de diferentes organismos e patrocinadores privados, sendo fundamental o aportación da Concellaría de Xuventude “non só económico senón tamén de xestión e acceso a espazos municipais”. A achega de este departamento mantívose igual que en anos anteriores, a pesar da obrigada contención orzamentaria deste exercicio. Neste sentido, a Concelleira de Xuventude, Marta Arribas, explicaba esta mañá na presentación da actividade que “investimentos así son os que hai que manter a toda costa, pois benefician de xeito tranversal ao todos os veciños e veciñas da cidade, non de xeito puntual, senón ao longo do tempo, asegurando por un lado a conciciliación famiilar e laboral en moitas familias e o benestar dos nenos e nenas”.

A Concelleira de Xuventude, Marta Arribas, estivo acompañada na presentación que tivo lugar na OMIX pola coordinadora do Centro Xuvenil Amencer, Laura Valcárcel. A representante de Amencer quixo salientar a labor dos voluntariados e voluntarias de Amencer “rapaces e rapazas de entre 18 e 25 anos que adican o seu tempo de verán a acompañar aos pequenos nestas actividades e que rachan co mito dunha xuventude que non se implica nin se compromete”. Só o ano pasado 159 voluntarios participaron no Campamento Urbán, e a súa dispoñibilidade permite a Amencer facer unha actividade sen límite de prazas. Na edición de 2011 participaron en total 476 rapaces de entre 9 e 15 anos e 141 de 15 en adiante, ademais dos propios voluntarios “polo número de preincripcións que xa temos feitas semella que este ano imos superar a cifra”, apuntou Valcárcel.

A inscrición no Campamento Urbán Amencer é libre e gratuíta e pode realizarse desde hoxe na propia asociación (Praza de Don Bosco, 1 988218123) ou na Concellaría de Xuventude (Praza San Martiño,2 988388154). Non existe límite de prazas e serán posibles as incorporacións de novos participantes durante as propias datas dos campamentos. Entre as actividades previstas para agosto figuran visitas a zona termal, xornada de piscina, visita a espazos culturais como o Auditorio, unha xornada de praia, etc.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google