mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O PPOU pide o informe económico das Festas de Ourense, as menos atractivas da historia da cidade

E-mail Imprimir PDF

Os populares lembran que levan 12 meses agardando polos informes que xustifican o impacto económico dos festexos do ano pasado. As festas da terceira cidade de Galicia careceron de fogos de artificio de primeiro nivel, barracas e concertos atractivos. Municipios limítrofes como o de Toén competiron directamente cos festexos da cidade contando no seu cartel con orquestas punteiras que arrastraron a milleiros de veciños cara as súas verbenas.

Logo de tres semanas sen contar con xuntas de área nas que dar conta da actividade e xestión cultural da cidade, hoxe tivo lugar unha xunta de Cultura na que os concelleiros populares Miguel Abad e Bernardino González solicitaron os informes da Concellería de Cultura nos que se analiza o impacto económico das Festas de Ourense para a cidade. Lembraron na mesma sesión que os populares levan agardando 12 meses pola mesma documentación referida aos festexos de 2011, sen que polo de agora o Bipartito amose intención algunha en facilitala ao grupo político máis votado da cidade.

Esta falta de transparencia é un claro incidio, para os populares, de que por moito que a concelleira responsable se vanaglorie do éxito dos seus festexos, a realidade dista moito das súas palabras. Basta con botar unha ollada cara as festas deste ano para comprobar a escasa participación dos ourensáns, a falta de elementos clave como os fogos de artificio acordes á importancia das festas patronais da cidade ou barracas acordes aos festexos, ou mesmo a ausencia de concertos o suficientemente atractivos como para atraer cara a cidade a veciños xa non só doutras ciudades, senón mesmo doutros municipios limítrofes. De feito, os populares lembran que este ano coincidiron no tempo os festexos da cidade cos patronais de Moreiras, en Toén, onde contaron cun cartel plagado de orquestas de renome, o que significou un importantísimo polo de atracción de xente cara estas festas, cousa que non sucedeu na capital da provincia.

No tocante ao Derrame Rock, evento deseñado para que a concelleira responsable puidese saír durante tres días en fotografías de prensa, os populares reclamaron na xunta de área que se lles informase acerca da valoración de daños e desperfectos nas instalacións de Oira (así como do seu custe, e do derivado do persoal municipal que tivo que facer horas extra durante o desenrolo desta actividade).

Do mesmo xeito, os populares lamentan que a rendabilidade económica desta actividade brillase pola súa ausencia para a cidade, tendo en conta que todo beneficio xerado por entradas e consumicións foi directamente cara os organizadores, xa que a subvención outorgada polo Concello para desenrolar esta actividade está claro que foi a fondo perdido, lembran os populares, “pensada única e exclusivamente para beneficiar aos promotores deste evento, que deixou un nulo beneficio para a cidade”. Por último, os populares lamentan que as Festas de Ourense sigan esmorecendo ano tras ano baixo a tutela da ala nacionalista do Bipartito, só pensadas para o lucimento persoal da concelleira responsable e dos seus achegados.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google