mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Comeza o Baixo as Estrelas 2012, a programación de cine ao aire libre para as noites de verán

E-mail Imprimir PDF


"Unha alternativa cinematográfica para as noites de verán" foi, dende a súa primeira edición, a filosofía do programa Baixo as Estrelas. Catro anos despois, esta intención xa se consolidou dentro da programación cultural do verán, e a cita dos venres na praza de san martiño é xa todo un clásico destas datas.

Esta semana, arrinca unha nova edición do Baixo as Estrelas organizado polo Festival de Cine Internacional de Ourense e pola Concellaría de Cultura que, en 2012, ofrecerá unha escolla das mellores curtametraxes que pasaron polo circuíto dos festivais estatais ao longo de 2010 e 2011.

O pequeno formato, posiblemente o máis agradecido polo público ourensán para o cinema ao aire libre, é unha das mellores oportunidades para ver os primeiros pasos dos cineastas máis talentosos do panorama. Xogos de estilo moi particulares para amoldarse á pequena metraxe e tácticas narrativas que tratan de lograr o maior impacto posible no menor espazo de tempo. A escolla da programación de verán, en colaboración con Promofest, vén cargada de historias cotiás con prismas sorprendentes, relacións humanas e, sobre todo, moito humor.

O Baixo as Estrelas terá lugar todos os venres de xullo e de agosto -nove en total, sendo a última delas unha sesión sorpresa- ás 23:00 horas na praza de San Martiño. A asistenza é de balde.

A primeira sesión será este venres, 6 de xullo, cos seguintes títulos

>> Manos, de Jon Sagalá (7')

>> Rascacielos, de Mariana Torres (14')

>> Jaque, de Iker Franco (14')

>> Desencuentros, de Oliver Cuervo & Lázaro Muñoz (13')

>> Les Rideaux Rouges, de Alain Deymier (34')

 

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google