mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O PPOU presenta emendas para reforzar o Orzamento Participativo, impulsar o Plan Estratéxico Termal e fomentar o Emprego

E-mail Imprimir PDF

Os populares propoñen a reducción de partidas, cun aforro por valor de 1.084.838,79€, para dotar consignación de 550.000€ para a posta en marcha do Plan Estratéxico Termal, así como de 300.000€ para a implantación dun Plan de Autoemprego Tecnolóxico, 184.838,79€ para o mantemento do Xardín Botánico ou Parque Forestal de Montealegre, e 50.000€ para elaborar un Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética Municipal. Tamén propoñen reorganizar partidas xenéricas por valor de 1.075.000€, para dotar desta cantidade ao Orzamento Participativo.

Trala análise pormenorizada do Presuposto 2012 do Concello de Ourense, o Grupo Municipal do Partido Popular presentou unha serie de emendas -36, en total- destinadas a optimizar os recursos económicos plantexados no documento que se debatirá mañá no Pleno. Os populares sosteñen que a clave do Presuposto 2012, aparte da súa tardía presentación (e, consecuentemente, da súa execución) e da imprecisión nas súas partidas, é a maior presión fiscal unida a un nulo gasto productivo (o único que aumenta é o gasto corrente). Falla absoluta de proxectos e inversións, unida á indefinición nas partidas e á non supresión de gastos superfluos que teñen unha nula reversión cara os intereses xerais da cidade son outros dos aspectos máis salientables do Presuposto do Concello de Ourense para o presente exercicio económico en curso. Salientable, ademáis, que cando entre en vigor este documento, estará executado o 80% do orzamentado para 2012.

As emendas propostas polos populares son as seguintes:

1.- DE ELIMINACIÓN:

1) 20200.110.1330 Alugueres locais control de tráfico 17.885,00 €

2) 20200.110.9320 Alugueres Recaudación 9.210,00 €

3) 20200.150.1640 Alugueres Cemiterios 6.076,00 €

4) 20200.120.9200 Alugueres Servizos Xerais 79.785,50 €

5) 22199.110.1320 Otro material funxible (Policía Local) 5.000,00 €

6) 22602.170.3340 Publicidade diversa para actos culturais e festivos 50.000,00 €

7) 22611.200.3230 Gastos diversos de Educación 7.912,40 €

8) 22615.110.9200 Gastos implantación de identidade corporativa do Concello 8.750,00 €

9) 22647.120.9200 Plan de dixitalización fondos arquivo 30.000,00 €

10) 22662.180.1790 Campaña de educación e información ambiental 27.000,00 €

11) 22672.110.1330 Campeonato de Seguridade Vial Parque infantil de tráfico en 10.000,00 € e levar 5.000,00 € a 22671 110.1330 Campaña de Educación Vial, que pasa de 8.500,00 € a 13.500,00 €

12) 22706.180.1790 Contratación do traballo asesoría e estudos téc. Medio Ambiente 50.000,00 €

13) 22707.130.1510 Contratación de Traballos de Inspec. Técnica de Edificios 50.000,00 €

14) 42200.160.2410 Convenio Escola de Organización Industrial 4.752,00 €

15) 48900.160.2412 Premios de emprendedores 4.400,00 €

16) 60902.130.1511 Actuacións de planeamento e desenvolvemento 110.000,00 €

17) 85200.250.3240 Constitución empresa municipal vivienda 20.000,00 €

18) 2270.110.9320 Traballos de apoío á recaudación de multas por 100.000,00 €

19) 231 Gastos Locomoción por 32.388,20 €

2.- DE REDUCIÓN:

20) 10000.120.9120 Retribucións Básicas. Órganos de Goberno e 10001.120.9120 Outras remuneracións. Órganos de Goberno (un posto de Director Xeral por un importe de 45.049,00 €).

21) 10000.120.9120 e 10001.120.9120; un posto de Concelleiro non electo, por un importe de 45.892,00 €.

22) 16000.230.9120 Cuota Patronal S.S Órganos de Goberno. Un Director Xeral e un Concelleiro non electo. 21.371,14 €

23) 22703.110.9202 Mantemento WIFI de 92.610,00 € a 69.844,20 €.

24) 22612. 160.2410 Gastos difusión CIE de 47.250,00 € a 10.000,00 €.

25) 22707.110.1330 Recollida de Vehículos e Regulación de Aparcamentos de 1.358.390,00 € a 1.207.311,16€.

26) 44900.170.4320 Transferencia a empresa municipal de xestión turística de 190.600,00 € a 60.000,00 €.

27) 230 (Clasif Económica) Dietas 27.672,91 € a 20.000,00 €

28) 4800.200.3240 Pórtico do Paraíso de 46.488,70 € a 20.000,00 €, pasando da Concellería de Educación á de Cultura.

3.- CAMBIOS DE PARTIDA:

29) 22602.170.9200 Publicidade e Propaganda Cultura por 182.825,90 € a 110.920.022.602 correspondente a Publicidade e propaganda.

30) 22610.200.3230 Programas diversos servizos municipais Educación por 167.837,40 € a:

• 22625.200.3210 Programa de actividade de verán por 80.000,00€

• 22612.200.3320 Programa de xestión de bibliotecas por 30.000,00 €

• 22618.200.3230 Escola Municipal de Idiomas 27.000,00 €

• e a Escola de Artes Escénicas 22623.200.3230, 30.837,40 €

31) 22622.200.3230 Suscripcións diversas educación por 28.742,00 € a:

• 48944.200.3240 Programas Lúdico educativos por 18.742,00 €

• 22635.200.3210 Actividades Extraescolais 10.000,00 €

32) 61900.130.1550 Infraestructuras Viarias Urbanas por 450.000,00 € a 60905.191.9240 Orzamento participativo A.A.V.V.

33) 61909.140.4590 Actuacións en Perímetros Ruráis por 200.000,00 € a 60905.191.9240 Orzamento participativo A.A.V.V.

34) 61909.180.1710 Actuación en Parques Xardíns e Zona Verdes por 200.000,00 € a 60905.191.9240 Orzamento participativo A.A.V.V.

35) 62700.130.1610 Obras de abastecemento e saneamento por 225.000,00 € a 60905.191.9240 Orzamento participativo A.A.V.V.

36) 4800.200.3240 Pórtico do Paraíso por 46.488,70 € a la 200.324.022.633 Programa de Acollida temperá por un importe de 26.488,70 €.

4.- Con todas estas cantidades procederemos á creación das seguintes partidas:

• 300.000,00 € para implantación dun PLAN DE AUTOEMPREGO TECNOLÓXICO.

• 550.000,00 € para a posta en marcha do PLAN ESTRATÉXICO TERMAL.

• 184.838,79 € para o mantemento e conservación do XARDÍN BOTÁNICO de MONTEALEGRE ou PARQUE FORESTAL.

• 50.000,00 € para a elaboración dun PLAN DE DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA MUNICIPAL.

TOTAL POR ELIMINACIÓN OU REDUCIÓN DE PARTIDAS

(HAI MODIFICACIÓNS QUE NON SE CONTEMPLAN PORQUE SE LEVAN A OUTRAS): 1.084.838,79 €

A imprecisión nas diferentes partidas e os gastos superfluos son unha constante na análise da programación económica de cada concellería. Deste xeito, os populares subliñan que, por exemplo, as partidas adicadas a alugueres de locais non teñen sentido algún cando existen locais de propiedade municipal baleiros na Praza da Ferreiría, na Praza da Imprenta, no Campo da Feira e, incluso a segunda planta enteira da Consistorial –tralo traslado das dependencias de Urbanismo-.

Asemade, os populares solicitan que unha serie de partidas xenéricas e faltas de definición clara, por un montante total de 1.075.000€ se adiquen ao Orzamento Participativo, sendo os veciños os que mellor coñecen as necesidades de cada barrio, é lóxico que aporten as súas suxerencias e teñan voz á hora de acometer obras.

Estes son só dous dos exemplos que, clasificados por áreas, expoñen os populares:

-Concellería de Facenda, Xestión Económica, Policía Local e Tráfico:

Gasto superfluo en alugueres e infrautilización de locais propios; incremento nun 33% do mantemento de WIFI (69.800 a 92.610€); gastos de 5.000€ en material funxible (no ano pasado non se executou esta partida, xa que todo o material de oficina é suministrado pola Oficina de Compras); partidas prescindibles para campeonatos e outras, nembargantes, pouco dotadas para campañas de Educación Vial. E todo isto, cun notable aumento na presión fiscal, como por exemplo o aumento na partida de recollida de vehículos e regulación de aparcamentos, cando sobrando en 2011 97.283€, decidiron presupuestala en 50.000€ máis.

-Servizos Xerais, Parque Móbil, Contratación e Protocolo:

O consumo en enerxía eléctrica continúa subindo ano tras ano. Os populares propoñen un Plan de Eficiencia Enerxética que acadaría aforro dun 30% en cinco anos. Tamén se solicita a eliminación do posto de Concelleira non electa encargada de Persoal (45.892€ máis a aportación á Seguridade Social).

-Urbanismo, Infraestructuras, Auga e Alumeado:

A asistencias técnicas externas se destinan 390.000€, mentres que para obras de abastecemento e saneamento se consignan 225.000€. Incluso se habilita unha partida para “contratación de traballos de inspección técnica de edificios”, valorada en 50.000€, cando é un traballo que perfectamente o poden desempeñar os funcionarios desa área municipal. Asimesmo, nesta área se corrobora a necesidade dun Plan de Eficiencia Enerxética, toda vez que o consumo eléctrico no alumeado público pasou de 2.284.978€ a 3.517.969,68€ nun ano (+1.232.991,68€)

-Perímetro Rural, Mobilidade Urbana, Servizo contra Incendios e Protección Civil:

A partida “Actuacións en Perímetro Rural”, de 200.000€ e sen definición, os populares proponen trasladala á de Orzamento Participativo.

-Servizos Sociais, Sanidade e Cemiterios:

Destaca que na partida “Gastos atención básica programa axuda a domicilio”, se consignan 2.039.815,70€, 200.000€ menos que no pasado exercicio.

-Promoción Económica, Emprego, Comercio, Industria e Termalismo:

No tocante ao Plan Estratéxico Termal, só se destinan 50.000€, deixando 130.000€ para obras e proxectos e a pesares de ter gastos en persoal de Termalismo por 566.340,26€.

O Centro de Novas Tecnoloxías, baleiro de contido e sen plan para dótalo, do mesmo xeito que para o Centro de Coñecemento da Molinera, do que solo se sabe rematará este ano, pero é un proxecto que ven como mínimo do ano 2008, ao que adican 170.000€ mailo remanente do crédito do pasado exercicio. Do mesmo xeito, os populares consideran que é máis importante implantar políticas que xeren emprego que adicar partidas a premios para emprendedores.

-Cultura, Turismo e Normalización Lingüística:

Aumentan as partidas para Festival de Cine (+60.000€) e Certámenes Culturales (+119.511€). Chama a atención que a Promoción Cultural se adiquen 2.131.143,99€, na que se consignan 70.000€ para Caixanova –entidade que xa non existe como tal-, deixando 50.000€ para publicidade cando existe unha partida xenérica global para este tipo de gastos. E, como colofón, se adican 190.600€ a transferencias á empresa municipal de xestión turística, partida que os populares solicitan reducir, tendo en conta a súa inexistente rendabilidade e actividade.

-Medio Ambiente, Sostenibilidade e Xuventude:

As partidas volven a contar cunha seria indefinición nas súas actuacións, polo que se solicita que os 200.000€ adicados a “actuacións en zonas verdes” se pasen ao Orzamento Participativo.

-Participación Cidadá:

Solicitamos que a reorganización nas partidas doutras áreas doten de maior capacidade ao Orzamento Participativo (1.075.000€).

-Educación e Universidade:

Pese ao contexto económico actual, se siguen mantendo de xeito incomprensible partidas para o Festival Pórtico do Paraíso (evento máis cultural que educativo, polo que solicitan os populares a súa adscripción á área de Cultura cun montante total de 20.000€, máis que suficientes para a organización do mesmo), sendo máis rendables os seus 46.488,70€ a outras actividades para apoio ás familias ourensás. Asemade, se solicita que as partidas se reorganicen de xeito máis concreto e finalista.

-Deportes, Vivenda, Peris e Aris:

O PPOU solicita a eliminación da partida adicada á Constitución da Empesa Municipal de vivenda (20.000€). Se solicita tamén a eliminación do posto de Director Xeral de Rehabilitación Urbana (45.049€ máis a aportación á Seguridade Social) En Deportes, se reducen nun 34% os investimentos de reposicións en infraestructuras deportivas (de 114.695€ pasa a 75.467€)

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google