mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

A Intervención Municipal certifica a ilegalidade do Presuposto pola indefinición nas súas partidas

O informe solicitado polo Partido Popular resalta “a falta de información que se traslada aos membros corporativos para o exercicio lexítimo dos seus dereitos como representantes políticos do Concello de Ourense”.

O pasado 02 de xullo, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ourense solicitaron un informe á Intervención Municipal para que analizase a legalidade do carácter xenérico das consignacións orzamentarias reflectidas en 19 partidas por un valor total de 2.729.685 euros.

Este informe, ao ser solicitado por máis da terceira parte dos membros electos do Concello, é preceptivo e debe ser incorporado ao expediente orzamentario –actualmente en tramitación-. Por este motivo, os populares solicitaran no pasado pleno a retirada da orde do día do punto referido ao Presuposto, xa que sen o preceptivo informe o expediente estaba incompleto para o seu debate e aprobación inicial, algo ao que o señor alcalde fixo caso omiso.

No documento remitido pola Intervención Municipal, fai constar da “necesidade de incluir nos estados de gastos a debida especificación dos créditos pertinentes para atender o cumprimento das obrigas esixibles”, é dicir: fixar cuantitativamente e en detalle a qué se vai adicar cada partida, sinalando os proxectos concretos.

Segundo sinala o informe textualmente: “vista a relación de partidas que figuran na petición de informe do Grupo Municipal do Partido Popular, infórmase que cabe apreciar un incumprimento da normativa das facendas locais que resulta de aplicación, con base en dúas motivacións claramente diferenciadas”. Por unha banda, sinala a Intervención Municipal que “algunha das consignacións orzamentarias previstas no proxecto de orzamentos, e nomeadamente a de “Gastos de urbanización a cargo do Concello (396.591€)”, “Infraestructuras viarias urbans (450.000€)”, “Obras de abastecemento e saneamento (225.000€)”, “Melloras zonas xogo e áreas infantís (275.000€)”, “Actuacións en parques, prazas e zonas verdes (200.000€)”, ben semellan confundir os conceptos de partida orzamentaria e proxecto de investimento”.

Di textualmente o informe que “un proxecto de investimentos esixe en esencia, unha finalidade específica cun grao de individualización moito máis concreto que a mera remisión a unha partida orzamentaria, permitindo un seguimento contable pormenorizado e diferenciado con respecto a outros gastos de idéntica natureza e finalidade”.

Por outra banda, a Intervención Municipal indica que “coas denominacións xenéricas e imprecisas estase a susbstraer do pleno da corporación, como órgano de control e debate político, a oportunidade de debater sobre a conveniencia dos investimentos que se prevén realizar ao longo do vindeiro exercicio. Neste sentido, unha correcta elaboración do anexo de investimentos, garantiza que os membros corporativos poidan exercer responsablemente o seu dereito de voto a favor ou en contra do orzamento”. É dicir, con este xeito de proceder, o Bipartito obstaculiza por enésima vez o dereito á información que ampara aos concelleiros, impedindo así que poidan coñecer os datos necesarios para fundamentar os seus votos e, por extensión, a defensa dos intereses dos veciños de Ourense. De feito, os concelleiros do principal grupo da oposición non puideron exercer o seu dereito de presentar enmendas ás inversións, ao non poder coñecer estes proxectos concretos.

Cita o informe da Intervención Municipal xurisprudencia a este respecto, e exemplifica coa recente sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, do 31 de outubro de 2011, polo que se procede á anulación dos orzamentos da Cidade de Melilla, e que no seu fundamento cuarto, referíndose a este motivo de impugnación, expresa o seguinte:

“La falta de indicación y explicación de contenido mínimo exigible en el anexo de inversiones denota su falta de motivación y la imposibilidad de su control por terceros, por lo que procede la estimación de este motivo de impugnación, si bien, debe reseñarse, a fin de evitar equívocos, que lo que este Tribunal declara es la existencia de defectos formales que impiden el adecuado control de las inversiones presupuestadas, no que las mismas sean incorrectas, desviadas o desajustadas”.

A conclusión do documento é clara e incontestable:

“O proxecto de orzamentos adolece de eivas no tocante á confección do anexo de investimentos por mor da indefinición dalgunha das partidas de investimentos, asi como pola falta de información que se traslada aos membros corporativos para o exercicio lexítimo dos seus dereitos como representantes políticos do Concello de Ourense”.

O portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández, sinala, para concluir, que “o informe da Intervención ven a darnos, de novo, a razón no que xa vimos advertindo hai tempo: o bipartito está máis preocupado por obstaculizar o acceso á información á oposición municipal que en facer as cousas ben. Doutro xeito non se entende que tras sete meses non fosen capaces nin de facer conforme á lei uns orzamentos de verán onde os investimentos, ademáis de brillar pola súa ausencia, son un conxunto de vaguedades e indefinicións”.

Por último, o portavoz popular adianta que “se no Bipartito actuasen de boa fe, tendo en conta que estamos en prazo de presentación de alegacións ao Presuposto e a tenor do que sinala o informe da Intervención Municipal, terían a oportunidade de presentar as oportunas alegacións para correxir estas eivas legais. De non ser así, no Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense nos veremos na obriga de tomar as decisións que consideremos necesarias para repoñer a legalidade neste expediente”.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google