As directivas de Novas Xeracións Provincia de Ourense (presidida por Jackeline Fernández) e Novas Xeracións Ourense Cidade (presidida por José Estévez), mantiveron tarde unha reunión para facer balance das actividades realizadas durante o ano e fixar os actos organizados para o vindeiro semestre.
No encontro lembráronse recentes actividades como cursos de oratoria, charlas sobre emprego e emprendemento e iniciativas de carácter social –como a mesa de recadación para axudar ao tratamento dun rapaz ourensán cunha enfermidade considerada “rara-, entre outras.
Entre os actos programados para as vindeiras semanas, destaca a Convención Nacional de Novas Xeracións que se desenrolará en Vigo entre o 27 e o 29 de xullo.
Asemade, se informou do acto de lembranza ao concelleiro popular en Ermua e oriundo da provincia, Miguel Ángel Blanco, asasinado vilmente pola organización terrorista ETA hai quince anos. Este acto de lembranza terá lugar mañá, ás 11 horas, nos Xardíns de Padre Feijóo, e está organizado polas Novas Xeracións de Ourense.






























