mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Concello e Goberno establecen unha encomenda de xestión para abrir ó público o claustro de San Francisco en canto remate o seu acondicionamento

O alcalde reuniuse en Madrid con secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acadou en Madrid un acordo co Ministerio de Cultura para xestionar a apertura ó público do Claustro de San Francisco en canto rematen as obras. O molo será unha encomenda de xestión que ultiman agora os técnicos de Concello e Goberno para distribuir as cargas da apertura e mantemento deste espazo histórico de Ourense, actualmente pechado ó público.

Francisco Rodríguez desplazouse esta mañá a Madrid, onde mantivo unha reunión con José María Lassalle, secretario de Estado de Cultura, co que analizou a situación da parte das obras de rehabilitación que afectan exclusivamente ó claustro de San Francisco.

Recentemente, o edil ourensán remitira unha misiva ó Ministerio de Cultura na que ofrecía a colaboración do Concello de Ourense para atopar un modelo de xestión que permitise, unha vez rematadas as obras de acondicionamento, abrilo ó público.

Tanto o representante ourensán como o do Ministerio de Cultura coincidiron na idoneidade dunha fórmula que, implicando ás dúas administracións –Concello e Goberno-, facilite a próxima apertura ao publico do claustro.

Encomenda de xestión

Neste senso, os técnicos do Ministerio de Cultura xa traballan nun borrador, que será ultimado nas próximas semanas, para realizar a constitución formal deste modelo e sinalar os recursos necesarios para a apertura e mantemento desta importante infraestructura cultural.

O alcalde de Ourense sinalou que “é importante avanzar entre as administracións para que tan pronto rematen as obras teñamos de novo aberto ó publico unha das pezas máis improtantes do noso patrimonio histórico-artístico”.

Por outra banda, respecto ás obras do arquivo e da biblioteca, o alcalde manifestou a súa inquietude pola situación de parálise desta obra e pediu que se mantivera a prioridade de mesma, pese a comprender as dificultades de dipoñibilidade orzamentaria.

Asímesmo, pediu que os sucesivos orzamentos do Estado contemplaran as partidas suficientes para seguir avanzando nesta prioridade.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google