mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

15.000 persoas protestan nas rúas de Ourense contra os recortes do Goberno


Na manifestación máis numerosa que se recorda na cidade.

15.000 persoas de todo tipo e condición manifestáronse en Ourense na tarde do xoves contra os recortes aprobados polo Goberno de Rajoy. Sairon á rúa convocados de maneira unitaria polos sindicatos UGT, CCOO e CIG, pero ademais de sindicalistas e políticos (de PSOE, BNG, EU, CxG ou Anova), desta volta había familias enteiras con nenos pequenos, mozos e maiores, funcionarios, comerciantes ou parados.

Da histórica afluencia de manifestantes a esta convocatoria de protesta dá boa conta o dato de que tres cuartos de hora despois da saída, a manifestación aínda non abandonara o primeiro tramo da rúa Progreso, cando a pancarta inicial xa estaba fronte a Subdelegación do Goberno.

Entre pitos e ao berro de consignas como “dimisión” (das máis coreadas), “e a culpa de quen é? do goberno do PP”, “hai que ilegalizar, o Partido Popular” ou “contra o paro, contra o capital, folga xeral”, a marcha transcurriu pacificamente sen máis incidentes que os ovos, as bolas de pintura e un bote de fume que algúns manifestantes estrelaron contra a fachada da sede do PP.

Hora e media despois do inicio da manifestación, os representantes dos sindicatos interviñan ante os manifestantes para amosar a súa oposición ao plan de axustes aprobado esta semana polo Goberno central.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Festas Ourense 2013


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google