mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

The Teta’s Van “é unha banda feminina, revolucionaria e reivindicativa do papel da muller no escenario”


Falamos coas compoñentes da banda “The Tetas’ Van”, unha banda ourensá formada case toda por mulleres. Como elas dín, “é unha banda feminina, revolucionaria e reivindicativa do papel da muller no escenario”.

Na actualidade son: Irene Somoza a saxofonista, María Mendoza a teclista, Lucía Gil a cantante, Paula Conde a baixista, Gundi Prol o guitarrista e único compoñente masculino, e Lorena Negreira a batería. Defínense como moi rockeras e entre o seu repertorio mestúranse temas de Elvis Presley, The Sonics, The Ronnettes, Grease, Tina Turner, Imelda May ou Patti Smith entre outros moitos.

A banda nace en decembro do 2010 xa que Lorena e a súa parella levaban tempo pensando na formación dunha banda feminina, revolucionaria, reivindicando o papel da muller no escenario. Case todas teñen formación e deformación clásica - aclara María.

- Porqué ese nome The Teta’s Van?

Lorena: “Os nosos primeiros ensaios foron para musicalizar un poema de Carvalho Calero para un concurso no que gañamos a votación do público. A raíz de ahí creamos un evento nas redes sociais para que a xente propuxera nomes para a nosa banda e The Tetas' Van foi o nome máis votado.

- Como son as vosas actuacións?

Lucía: Podemos clasificarnos como Cabaret, porque o noso espectáculo é moi dinámico, moi colorido e divertido. Contamos con colaboracións doutras artistas e buscamos un toque de performance nos nosos concertos.

Así, participamos en iniciativas na cidade de Ourense, como cando tocamos nos escaparates da Señorita Ni Fu Ni Fa, unha tenda de roupa no casco vello. En setembro participaremos na segunda edición do Festival de Danza na Rúa Corpo Aterra que se fará tamén nas prazas da zona vella, entre outros eventos.

- No panorama musical ourensá abundan os grupos con tantas mulleres?

Paula: Grupos femininos hai poucos, como Clave de Sol (agora Vinilo Azul) e No-Sense.

Pero sí que hai presenza feminina en moitas bandas como Dementia, O Sonoro Maxín ou Ergom. Gundi recorda tamén a Sonia, batería de Detestor.

- Tedes temas propios ou sodes máis de versións?

María: Somos unha banda de versións por falta de tempo; estamos tan ocupadas cada unha de nos que non temos tempo de compoñer temas para o grupo. Tocar versións é mais sinxelo.

Paula: A xente mándanos temas que lles gustaría que tocáramos ou letras encaixadas xa nalgún tema. A partir de alí cada unha estuda un pouco pola súa conta e logo no ensaio xa lle damos o noso toque persoal.

Gundi: Gustaríanos grabar un disco cos temas que versionamos con letras adaptadas en galego.

- Ourense coida aos seus grupos de musica?

Pensamos que coma en todas partes, hai sitios nos que se coida un montón e se valora ás persoas amantes da música e outros nos que usan as bandas para lucrarse a costa delas.

- Que botades en falta no panorama musical ourensán?

Máis salas que programen concertos con boas condicións para os músicos.

- Algunha mensaxe aos nosos lectores?

Animamos á xente que veña aos nosos concertos a pasalo ben!

[Na foto: Gundi, Irene, Paula, Lorena, Lucía e María. Autor da Foto: David Bruzos]


 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google