mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

A manifestación contra os recortes, portada de Ourense por Barrios de xullo


Unha fotografía da manifestación do 19-X contra o plan de axustes aprobado polo Goberno de Rajoy, á que acudiron unhas 15.000 persoas, e outra imaxe das atraccións das festas da Ponte son portada do número de xullo de Ourense por Barrios.

Unha edición na que tamén recollemos a aprobación inicial en pleno dos orzamentos de 2012 no Concello de Ourense, a presentación do proxecto do Centro de Interpretación das Burgas e dos centros de saúde do Couto e A Valenzá, a visita de Feijoo ao solar do futuro edificio xudicial e a do conselleiro Xesús Vázquez ao Liceo para comprobar a rehabiliación do inmoble, a presentación da memoria da Policía Local ou a decisión do Consello de Goberno da Universidade de Vigo de dar luz verde á implantación dos estudos de Enxeñería Física no campus ourensán.


No apartado de entrevistas, falamos co grupo de música ourensán The Teta's Van, formado case integramnte por mulleres, e coa enfermeira e misioneira en Bolivia Purificación Lorenzo, que nos traza un retrato da vida no país latinoamericano.

No deporte, prestamos atención ao futuro do CD Ourense, á desaparición do Carmelitas, á decisión da Concellería de Deportes de suprimir as subvencións nominativas e ao resultado do noso III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala.

As imaxes do mes, un especial de ocio no verán, os artigos dos nosos colaboradores (estreamos sección invitada, "Desde o soto do Concello" a cargo dos concelleiros de DO), e moito máis, pódelo consultar on line en pdf.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google