
Segunda edición deste novidoso formato de carreiras. O martes 24, ás 20.30 horas, nas piscinas municipais de Maceda terá lugar a segunda edición do Combi Dous. O ano pasado varias ducias de parellas participaron na primeira edición.
Trátase dunha proba que alterna atletismo e ciclismo entre dous compañeiros de equipo para completar cinco quilómetros. Na primeira volta os dous van a pé, para a partir da segunda alternar a carreira coa bicicleta, ata facer cada un dos compoñentes do equipo tres voltas a pé e dúas en bici.
A inscrición remata o luns 23 de xullo ás 12 da noite. As categorías son: xeral absoluta, familiar absoluta, mixta absoluta e infantil (ata 14 anos). Para participar é obligatorio, ademais de inscribirse, levar casco homologado e bicicleta de montaña.
[Máis información na web: www.via18.com]


























