O Comité de Dirección do PPOU condenou os ataques á sede provincial do pasado día 13 de xullo.
O Partido Popular de Ourense estuda a adopción de medidas contundentes para reparar a honra e honorabilidade dos afiliados e cargos directivos que foron obxecto de acusacións infundadas, uns feitos gravísimos tanto no contido das denuncias anónimas como no difundido sobre as mesmas.
Por outra banda, O PP de Ourense manifesta a súa máis absoluta condena ao ataque do pasado 13 de xullo contra a sede Popular en Ourense, provocado por persoas que participaban nunha concentración. A sede do PPOU foi atacada e invadida, causando nela graves destrozos, unha acción rexeitable e intolerable que terá a resposta legal correspondente.
Diante deste comportamento inadmisible, o PPOU sería o primeiro partido en condenar estas actuacións de terse producido en calquera outra formación política, porque entende que a violencia e as actitudes totalitarias como esta son todo o contrario do diálogo e da convivencia cívica que debe presidir toda relación cidadá nun estado democrático.































