Esta longametraxe, dirixida por Simone Saibene, será rodada a partir do 6 de agosto en diversos emplazamentos galegos, entre os que se atopan Lobios, Xinzo e a propia cidade das Burgas.
O vindeiro mércores 1 de agosto presentarase oficialmente o proxecto cinematográfico "9 ondas", unha longametraxe de 80 minutos de duración -escrita e dirixida por Simone Saibene, italiano afincado en Ourense-, que trata o tema da identidade no mundo actual. Na repartición de actores destacan o italiano Dario Merlini e as actrices galegas María Tasende e Isabel Risco e o actor ourensán Miguel Manzano. No proxecto colaboran tamén como voluntarios algúns estudantes da Escola A Farixa de Ourense e de O Raio Verde de Santiago de Compostela. Ademais, a banda sonora orixinal está composta polo ourensán Alex Álvarez Espinosa.
Referente do "crowfunding"
Este proxecto cinematográfico foi presentado por primeira vez ao público o 15 de decembro do 2011 en Elcercano.com de Ourense e logo polos membros do equipo en distintas cidades e escolas de cinema galegas, na Casa de Galicia de Madrid, no Instituto Cervantes de Milán e na XII Edición do gLocal International Filme Festival de Turín obtendo unha relevante participación e converténdose, en poucos meses, nun dos maiores éxitos de crowdfunding en España. Trátase dun novo sistema de financiamento colectivo que permite a quen o desexe converterse en coproductor, unha novidosa fórmula que en poucos meses recaudou 19.000 euros.
O comezo da rodaxe está previsto para o día 6 de agosto
"9 ondas" rodarase integramente nas provincias galegas de Ourense e Pontevedra. Con emplazamentos como Padrendo, Lobios, Meaus, Xinzo de Limia, Ourense e A Lanzada (Pontevedra), dende a dirección prevén que o filme sexa gravado entre o 6 de agosto e o 1 de setembro.
Pero antes de que as cámaras e actores comecen a invadir a nosa provincia e a veciña, os días 2 e 3 de agosto algúns membros do equipo estarán presentes o a Rúa do Paseo de Ourense repartindo información a todos os veciños.
























