mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

O alcalde de Ourense acusa a Feijóo de enganar os ourensáns coas obras do Complexo Hospitalario e dos Centros de Saúde do Couto e O Vinteún

O alcalde de Ourense considera “manobras dilatoras” as promesas incumpridas do presidente da Xunta.

Francisco Rodríguez acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao seu Goberno, de “falta de compromiso político con Ourense”, ao manter paralizados os proxectos de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU), e a construción dos Centros de Saúde nos barrios do Couto e do Vinteún.

O rexedor ourensán manifestou a súa “profunda decepción” ao constatar novamente que a licitación destes proxectos non aparece hoxe no Diario Oficial de Galicia, logo de que Feijóo anunciara en Ourense, o pasado 9 de xullo, que antes de rematar o mes estaría licitado o Centro de Saúde de O Couto. O alcalde de Ourense recordou que xa entón manifestou a súa “desconfianza”, temendo que se tratase dunha “manobra dilatora”, ó non concretar o presidente da Xunta nin os prazos nin as partidas orzamentarias correspondentes. Francisco Rodríguez recordou que, no caso do Centro de Saúde de O Vinteún, “xa hai licenza municipal e as obras poderían comezar hoxe mesmo se a Xunta de Galicia quixera”.

Francisco Rodríguez amosou tamén a súa “preocupación” pola paralización das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), anunciadas por Alberto Núñez Feijóo o pasado 15 de maio. Rodríguez asegurou que “a sanidade ourensá precisa actuacións inmediatas, non entelequias futuristas”, en referencia a ese anuncio que o presidente da Xunta fixo público hai tres meses e no que se comprometía a licitar as obras do novo edificio antes de finalizar o verán.

O alcalde de Ourense lamenta que “logo de case catro anos de incumprimentos, cada vez resulta máis difícil crer ó presidente da Xunta ou ós seus conselleiros”, e acusa ó Executivo autonómico de escudarse sempre en problemas burocráticos ou administrativos para non cumprir cos seus compromisos con Ourense, “cando o único que falta é a vontade política para levar a cabo estas obras”. Ademais, fixo públicas as súas “fundadas sospeitas de que Feijóo non ten ningunha intención de sacar adiante estes proxectos”.

Francisco Rodríguez asegurou que o Concello de Ourense “non se escudará nos incumprimentos da Xunta” e que seguirá reclamando estas actuacións, que considera “de primeira necesidade”. O rexedor pediu ó presidente da Xunta que “non continúe enganando ós ourensáns con falsas promesas, se Feijóo non quere sacar adiante estes proxectos, farano outros que veñan tras el”.

Falta de “credibilidade” do alcalde, para o PP

Con respecto a estas declaracións, o voceiro do PP, Rosendo Fernández, acusou a Francisco Rodríguez de non ter “credibilidade”. “Paréceme ben que o alcalde sexa reivindicativo, pero para selo hai que ser crible, e non ten credibilidade cando el non te aprobadas as cousas en tempo e forma”, dixo, referíndose aos orzamentos municipais. O político popular defendeu que o plan director do CHUOU vaise licitar “dun día para outro” e o centro de saúde do Couto “de forma inmediata”, sen precisar máis.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

Banner

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google