mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

As festas do verán, en Barrios

E-mail Imprimir PDF


As festas de Celanova, o Festival de Artes Escénicas de Riós, a Festa do Esquecemento en Xinzo ou a Festa da Empanada de Allariz, no número de agosto da publicación gratuíta.

O número de agosto de Barrios, edición Xinzo, Verín, Allariz e Celanova vén cargada de propostas de ocio e culturais para as datas estivais. Ademais de recordar como foi a VII Feira do Viño de Monterrei a pasada fin de semana, ou outras citas como a Batucada de Verín, as Xornadas degustación da carne de boi de Allariz e a Festa do Pemento de Oímbra, a publicación gratuíta fai un repaso polas citas festivas máis importantes dos próximos días: a XII Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia, a Festa da Empanada en Allariz, o V Festival das Artes Escénicas de Riós ou as festas de San Roque en Celanova.


Tamén informamos da aprobación do PXOM de Verín, do acordo laboral no Concello de Xinzo, das inauguracións do albergue de Trasmiras e da casa cuartel de Xinzo, do balance do Festival de Xardíns de Allariz; coñecémos máis de preto o que é o "crowfunding" da man dunha nova asociación de Xinzo e entrevistamos ao empresario e ex político celanovés Manuel Álvarez.

Nos deportes, damos conta dos resultados das últimas citas deportivas nas nosas comarcas de referenza (o triatlón por relevos de Allariz, a carreira popular de Baños de Molgas ou a subida ao Furriolo) e informaos dos próximos eventos (como o triatlón de Allariz ou a popular de Cartelle).

Os artigos dos nosos colaboradores, a axenda cultural e moito máis, dispoñible on line.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google