mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Gañador do I Concurso de Graffiti Urbán

E-mail Imprimir PDF


O mural gañador, obra de Rafael Jurado, pode verse desde hoxe na fachada leste das instalacións deportivas do Campus.

O xoves día 3 de febrero, nas instalacións deportivas do Campus de Ourense descubríase o mural gañador do I Concurso de Graffiti Urbán convocado desde a Vicerreitoría do Campus e a Concellería de Xuventude e Voluntariado. A obra gañadora, de temática deportiva, é un mural concebido polo artista Rafael Jurado, e ocupa unha superficie de 24’40m de largo por 5’50 de alto.

A Concelleira de Xuventude, a nacionalista Marta Arribas, quen hoxe acudía os descubrimento do mural en compaña da Vicerreitora do Campus, María Lameiras, apuntou que “con esta nova peza damos continuidade ao proxecto iniciado na Praza da Estrela para a recuperación e revalorización de espazos urbáns a través do arte”.

Desde a Concellería de Xuventude e Voluntariado apúntase que, ademais da vertente urbá, esta actividade estivo alentada en todo momento por un compromiso social “cos nosos mozos e mozas, ofrecéndolles espazos onde expresar as súas inquedanzas artísticas” ao tempo que se pretende contribuir a “achegar a cidadanía este arte de vangarda que reside na cultura urbá, moi presente entre a mocidade pero moitas veces alleo ao resto”. Así mesmo, a propia edil de área expresaba esta mañá o seu desexo de que “accións deste tipo teñan continuidade no tempo”.

O gañador deste I Concurso de Graffiti Urbán foi o artista Rafael Jurado, único premiado cun importe de 3.000€. A convocatoria foi aberta a todos aqueles artistas de dentro e fora da cidade de máis de 15 anos de idade, individuais ou en grupo, e a temática foi libre.

A única condición expresa desde a propia organización foi que as obras presentadas non reproduciran estereotipos de xénero nin fixera apoloxía de conductas violentas. Contidos xenófobos, racistas ou que atentaran contra a dignidade das persoas foron tamén rexeitados.

 

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar


Consulta os periódicos íntegramente"on line"
(abre unha nova ventá)




Ourense por Barrios
Barrios Xinzo Verín
Allariz Celanova

Barrios Deportivo

Se queres estar informado da publicación de cada periódico, manda un mail a ocreativo@mundourense.com

PUBLICIDADE


Síguenos en:


Banner

Próximos Eventos


hemeroteca...

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google