Penosa foi a imaxe de centos de peixes panza arriba no noso ben querido e aínda mellor tratado Barbaña. Como é posible que unha cidade que trata de atopar o seu camiño salientando un turismo termal, que necesariamente debe ser tamén ecolóxico e sostible, permita que un dos seus principais rios teña tan mala sona e tanta porcallada?
Os ourensáns maltratamos tanto aos nosos ríos e beiras que parece increíble que pretendamos ser a capital termal de non sei ónde!
As cuestións termáis, da auga e do medioambiente en xeral deberíanse deixar a un comité de expertos que elaborase un plan de actuación a curto, medio e longo prazo, deixando de lado as coxunturas políticas caducas e case sempre ruíns.
O noso turismo termal, as nosas esperanzas dun pulo económico para esta cidade deberían contar cun pacto entre cabaleiros con todas as forzas políticas.
Mais que podemos esperar dun país que carece destes pactos en terreos tan importantes ou máis que o turismo termal como poden ser a educación, o terrorismo ou a idea de país.






























