mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Ourense por Barrios celebra o seu número 100

E-mail Imprimir PDF

8 anos dan para moito, para una chea de sensacións boas e malas, para ver medrar unha cidade que mudou moito nos seus hábitos, nos seus cidadáns.

Ollando Ourense por barrios, a cidade amosa unha cara moi distinta da que tiña fai 8 anos, as súas rúas son máis cosmopolitas, novos acentos, nova xente que decidiu facer aquí o seu fogar.

A nós, os de Ourense por Barrios, médrannos as engurras, algunhas canas e poida que empecen a asomar os achaques, pero seguimos ollando apaixonadamente para esas rúas tan cheas de vida da nosa cidade.

Para esas xentes que fan de Ourense unha cidade especial, para todos aqueles que participan da vida cotiá co desexo de facela mellor, para os que confían no futuro desta cidade: milenaria pero recén nacida unha e outra vez; única e múltiple a un tempo; maltratada pero ben querida polo seus.

Grazas a todos por permitirnos gozar desta cidade e por permitirnos gozar de vós.

Grazas por compartir con nós estes 8 anos.

Xa o dicía a canción: “O único compás que necesito é aquel que me leva a ti”.

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar