mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Vaga de calor

E-mail Imprimir PDF

Pouco a pouco van aumentando as temperaturas en Londres. Eu xa non sei a que se deben estas calores tan pouco usuais por estas terras. Pode que, por primeira vez nos cinco anos que levo aquí, o verán se decidise a facer acto de presenza e xustiza ao que implica o seu nome.

Pode que a visita de Leonardo Dicaprio a Leicester Square contribuíra a elevar os graos entre as que estivemos presentes, facendo insoportablemente calorosa unha tarde de xullo sen sombra á luz das estrelas de Hollywood. Pode que o quentamento global sexa, no fin de conta, algo máis que pamplinas ou contos para non durmir de extremistas aos que lles gusta o verde máis que a Lorca.

Malia todas estas razóns de peso, para explicar algo tan extraordinário, véxome obrigada a decantarme por unha opcion máis cientifica e repleta de lóxica: teño as miñas razóns para sospeitar que esta onda de calor provén directamente de Sudafrica e esta propiciada por uns cantos mozos que, vestidos en calzóns e en camiseta vermella, empecínanse en darnos o gustazo de ter ilusion.

O prognóstico indica que as temperaturas seguirán en alza, sobre todo desde que esta mañá o vidente Paul, dende o seu estúdio nun acuario alemán, dispare o subidón xeralizado coas súas predicións. Imos listos se pretendemos paliar esta vaga de calor con vasiños de auga ou pintas de cervexa. Necesitaremos litros de ambos os dous elixires para acougar o que nos espera.

Algún dos efectos deste fenomeno meteorolóxico que xa chegou ao Reino Unido e se coñece como A Furia, é a presenza en zonas clave da capital Inglesa dunha bandeira tricolor moi familiar... Eros, en Picadilly Circus, xa sucumbiu ao seu encanto.

Non se preocupen se veñen de visita e encóntranse aos guiris tarareando unha cantiga pegoñenta que di algo así como: “eu soi espaniol, espaniol, espaniol”. Non é que se volvan tolos. Nin vostedes, nin eles. Segundo parece é contaxioso, así que, se é vostede hostil ou alérxico ao “bo rollo”, mantéñase afastado.

A mala noticia é que dubido que encontre algun recuncho nesta cidade onde poida fuxir da Febre. De momento, non se coñece cura, aínda que cremos ter o antídoto. Así que paciencia....Estamos a punto de descubrir o ingrediente final. Sexa cal sexa, o visto ata agora non ten precedentes. Partindo de aí... todo é posible.

 

Raquel Sertaje

 

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar