mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

A Vila das "Ánimas"de J.E Bóveda

E-mail Imprimir PDF

Xan Ferreira, entusiasta lector de sesenta e pico anos, dirixe o seu coche vello nunha noite de trebón cara a casa da súa ex dona para recoller a última caixa de libros tras ter consumado o proceso de divorcio.

Detén o coche preto da súa aldea de orixe para pensar, reflexionar e tentar recapacitar a súa actitude coa súa dona e coa súa filla sen ser consciente de que está a piques de vivir a noite más extraña da súa existencia. Unha experiencia entre dous mundos chamados Quintela do Pombal: o mundo da aldea de antes e o mundo da aldea de agora.

POR QUE?

É un alegato en contra do absolutismo do tempo. É unha novela ultrairónica que trata con orixinalidade o drama da espoboación das aldeas e a “reconversión” das mesmas en zonas onde se practica o inefable turismo rural. É unha visión sobre o inxenuo que é o xénero humano á hora de agardar que as cousas cambien, cando en realidade, para unha meirande parte das persoas as cousas veñen determinadas.

Sobre a estulticia, a tristeza que produce interatuar con seres que pasan pola vida sen consentir que a vida pase por eles. A busca persoal, a evitación intensa da desmemoria, as orixes, a desmitificación dos seres que levan mortos algún tempo. Por que temos que mitificar aos nosos bisavós se non sabemos que clase de persoas foron??? É unha novela altamente simbolista onde todo ten un por que. Que bebe das fontes clásicas da literatura e das lendas das tradicións celtas e nórdicas.

Unha novela que ben se puidera ter subtitulado: A VERDADEIRA NOITE DE WALPURGIS. Deixando patente que é un traballo atípico no que se conxugan a ironía, o desacougo, o ambiente das grandes obras románticas, un forte pouso cultural e literario e uns diálogos contundentes que lembran por momentos a unha obra ensaística necesaria

Publica TOXOSOUTOS e ten limiar do moi recoñecido escritor ourensán Ramón Caride Ogando, autor de máis de corenta libros. Penso que co comezo do novo curso escolar, a partires de setembro, estará nas librarías.

Fragmento lido polo autor:

Jorge Emilio Bóveda

 

Escribir un comentario

Sostemos que os comentarios son unha das mellores manifestacións da opinión dos lectores. Serán benvidos se teñen relación coa nova a que corresponden. Non se admitirán faltas de respeto así como vulneracións á intimidade das persoas.

Código de seguridade
Refrescar

Literatúa

PUBLICIDADE


Síguenos en:










Que é o Fotomatón?

O Fotomatón quere ser unha sección ante a cal vostede, mirando a pantalla da computadora, se sinta retratad@ a través dos textos do escritor da Auria Jorge Emilio Bóveda.

Se vostede sente empatía por unha soa palabra das propostas desta sección ha de saber que foi retratado e que súa foto pertencerá dende ese intre aos arquivos da humanidade.

Un apartado de mundourense; o mundo de Ourense e alén, pois se conxuga o literario co humano envolvendo un armazón quizáis psicolóxico, quizais de sentido común; que, sendo o mais común dos sentidiños, escasea.

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Delicious Share to Google