mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Diario dunha emigrante

A Fronteira

E-mail Imprimir PDF

Hai pouco deixounos quen, para min, foi un dos grandes visionarios e azuzadores da consciencia dos nosos tempos tan revoltos e inseguros. Foise Sampedro, pero tras de si nos deixou grandes reflexións.

 

Cada día un pouco máis viquinga

E-mail Imprimir PDF

Unha dáse conta que leva xa certo tempo vivindo en Dinamarca cando o de tomarse un café nun dos sex shops máis grandes de Copenhague convértese na actividade cotiá dos domingos pola tarde.

 

Sóame a danés

E-mail Imprimir PDF

É curioso como funciona isto de adaptarche a unha cultura. Eu sempre dixen que aprender o idioma dunha tribo é a chave definitiva que nos permite entender o seu modo de razoar e sentir. “Sóame a Chinés” non é unha expresión aleatoria.

 

Sobremesas a menos 10º

E-mail Imprimir PDF

A base de paellas caseiras, morcillas de Burgos e Coca-Cola Zero, o inverno vai dando as súas últimas rabexadas na xélida Dinamarca. Para irse deixando pegada, Xaneiro e Febreiro veñen pisando forte, gañándose o título de ser o peor desta estación.

 

Contra o noso “malo será” non hai fin do mundo que valla

E-mail Imprimir PDF

Unha vez máis chega o Nadal cos seus anuncios de tempada, as súas luceciñas e os seus doces altamente caloríficos.

 

1001 graos de sentir VS O método

E-mail Imprimir PDF

Adóitome pór moi pesada con isto da música, sobre todo si falo dos Rolling Stones. Cando lonxe de España tento describir o meu grao de fanatismo cara ao cuarteto Británico, empezan os problemas.

 

O Final do Verán

E-mail Imprimir PDF

Chegou o outono e o verán do 2012 foise coa música a outra parte. Para min este foi o estío mais longo da miña vida. Non houbo grandes sobresaltos nin castelos de area, aínda que pise a praia os dous días que as temperaturas se atreveron a subir por encima dos 25 graos e a costa de Copenhague transformase nunha especie de Eivissa en hora punta: Desbordada de turistas alaranxados inflándose a xeados baixo os raios de Lourenzo.

 

As mozas son guerreiras

E-mail Imprimir PDF

As mozas son guerreiras. En Escandinavia levan a batuta desde hai tempo e non lles treme o pulso cando teñen que porse no rol de xefa, xa sexa da súa propia casa ou do parlamento. A monarquía Nórdica non se estremece se unha muller calza a coroa, e este sistema non arrincoa ás mulleres entre o eixo e a roda cando lles toca ser nais.

 

"Spanish" no mundo

E-mail Imprimir PDF

Na vida do emigrante sempre hai algún momento no que che ataca o desexo de que a cacofonía de voces, costumes, acentos, leis (…) desaparecese, levándose con ela a complexidade e esforzo que implica deixar de lado o teu sentido común para dar cabida a outras perspectivas e maneiras de entender o mundo.

 

Hamlet

E-mail Imprimir PDF

Desde a miña máis tenra adolescencia son fan das obras dun famosísimo dramaturgo chamado William Shakespeare. Hamlet caeu por primeira vez nas miñas mans cando contaba con trece primaveras. Inicialmente, deixoume perplexa e confusa, pero despois de varias lecturas, logre interiorizar e memorizar a súa dúbida existencial, caendo fascinada ante a trama e a dor dun príncipe atormentado pola traizón e os celos.

 

É o Amor cousa da primavera?

E-mail Imprimir PDF

No Norte si que se nota isto da revolución sanguínea incentivada pola chegada do bo tempo. De súpeto a cidade está viva e a xente esperta, máis pronta e motivada a sorrir sen motivos. Con todo, contrariamente ao que dita o estereotipo de “xente fría” que se cerne sobre a poboación Escandinava, os Daneses presumen de ser xente paixoal, agarimosa e amantes da boa vida.