mundourense.com :: ourense por barrios :: barrios deportivo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Editorial

Editorial: E chegou o tren...

E-mail Imprimir PDF

Desde o 10 de decembro, Ourense está un pouco máis preto do resto de Galicia. O soño converteuse en realidade, e grazas a un tren, desprazarse a Santiago ou A Coruña é agora case un paseo.

 

Editorial: Pre-eleccións e Pre-parados

E-mail Imprimir PDF

Chegan as eleccións, as promesas baleiras e os actos fastuosos. Os políticos amosan a seu mellor sorriso cando o resto da lexislatura incumpren a súa palabra, negan a información necesaria, actuán como mercenarios do poder, retrasan os pagos, achegan aos amigos e familiares aos cargos públicos, desinforman e vampirizan aos medios de comunicación, afogan ao pequeno empresario, berran consignas difíciles de soster en todos os eidos.

 

Editorial: Queimados!

E-mail Imprimir PDF

Unha vez máis os montes esmorecen coa actitude egoísta e merdenta duns poucos que, cun chisqueiro na man e gasóleo na outra, prenden lume baixo quen sabe que intereses ruíns e mesquiños. Pero non son os montes os únicos "queimados" do concello de Ourense. Centos, miles de empresas privadas esmorecen tamén, "queimadas" pola falta de pago das administracións públicas, ou máis ben pola tardanza dese pago.

 

Editorial - Discurso Inaugural

E-mail Imprimir PDF

Dixo o alcalde no seu discurso inaugural: “Hoxe máis que nunca, hai cidadáns que non se senten representados pola política, e os representantes públicos temos a obriga de escoitalos e facelos partícipes da política para que nos axuden a transformala.” Chegou a vaca e dixo “Mu”!

 

Editorial: A nosa valoración da política local

E-mail Imprimir PDF

Os medios non acostuman falar abertamente das súas inquedanzas políticas. Moitos deles teñen unha afinidade clara a un partido. En ocasións, teñen máis afinidade ao poder, dándolle igual o partido que ocupe o sillón da alcaldía.

 

Adeus inauguracións!

E-mail Imprimir PDF

Adeus inauguracións!, Adeus Ríos!, Adeus Pontes!

Ola, bicos a bebés! Benvidas, vellas que collen das bochechas!

Empeza o circo da democracia! O todo vale!

 

De dous Entroidos

E-mail Imprimir PDF

Chega a hora das máscaras, dos enganos, das falsas aparencias. Chega ese exercicio tan saudable que é o Entroido, que ven con toda a súa maxia, toda a súa ledicia e toda a súa cultura secular que define tan ben a algunhas localidades en particular e a moitas outras en xeral. Chegan os cánticos, as apertas cos amigos, a festa e as bromas.

 

Ourense por Barrios celebra o seu número 100

E-mail Imprimir PDF

8 anos dan para moito, para una chea de sensacións boas e malas, para ver medrar unha cidade que mudou moito nos seus hábitos, nos seus cidadáns.

Ollando Ourense por barrios, a cidade amosa unha cara moi distinta da que tiña fai 8 anos, as súas rúas son máis cosmopolitas, novos acentos, nova xente que decidiu facer aquí o seu fogar.

 

Consecuencias lóxicas

E-mail Imprimir PDF

Os orzamentos tanto da Xunta como do Estado central sufrirán en 2011 unha merma considerable. Consecuencia lóxica desta crise que nos tocou vivir.

 

Sobre o 29-S

E-mail Imprimir PDF

Nun informe ao Consello Europeo titulado "Proyecto Europa 2030" establécese que "nun mundo en veloz evolución non son os postos de traballo o que hai que protexer, senón á persoa que perde o emprego, mellorando a súa capacidade de inserción profesional. Permitir aos traballadores aproveitar os cambios nos mercados laborais e realizar a transición a mellores empregos."

 

A nosa imaxe

E-mail Imprimir PDF

Dez de agosto. 15:50 horas. 48 grados á sombra. As rúas de Ourense están desérticas, baleiras. Os comercios están pechados, moitos deles tiveron a súa época dourada.

 

Espellismos

E-mail Imprimir PDF

Espellismo: imaxe ou representación enganosa da realidade provocada na mente pola imaxinación ou pola interpretación errónea dos datos aportados polos sentidos.