Pode que sexa unha constante nestes textos as referencias que teño feito aos libros de “atrezzo”; aqueles libros falsos feitos grosamente para adornar algúns mobles nas tendas de mobles, que nos fan un retrato da superficialidade e da proliferación e avance dos soldados do imperio da estética. Pero estes “libros” teñen unha característica principal que xoga certamente ao seu favor. E é que foron/son manufacturados ad hoc para o uso que se lle dá. Non albiscando en ningún intre a intención de enganar ao observador, senón alimentar ou referenciar unha perspectiva estética.























