AMENCER

XOVES, 18 MARZO
17:30-21:00 h: “Sala aberta” un lugar para encontrarse e estar con música, televisión
17:00-21:00 h:
“Proxecto Xangal”
- Sala de xogos: para os mozos e mozas, ten ciber, pimpón, futbolín... aberto e gratuíto nesta ponte de Entroido.
- Ludoteca: para os máis pequenos, xoguetes, xogos, puzzles, debuxos e moito máis...
- Biblioteca: para estudar, facer traballos, leer, consultar...
17:00-18:00 h: “Torneo lóstrego de futbolin”: para todos os mozos e mozas que queiran participar. Será na sala de xogos de xangal.
18:00-19:00 h: Contacontos “A árbore da vida”: para nenos e nenas de infantil e primaria. Será na ludoteca xangal e todos os nenos farán unha marioneta o rematar o conto.
17:30-21:00 h: Exposición “23 anos de Amencer” é unha exposición composta por fotografías expostas na sala aberta onde cada fotografía é un proxecto destacado dos 23 anos de Amencer e a outra parte está na sala de exposicións de Amencer e está composta por unha serie de paneis explicativos da Asociación dende a súa orixe.
21:00-22:00 h: CEA ADS
Este xoves ás 21:00 h os nenos e animadores de ADS cearán xuntos antes da actvidade nocturna. A clave desta cea e compartir un rato cos nenos e nenas e facer unha avaliación do trimestre.
22:00-00 ACTIVIDADE CONXUNTA INFANTIL
Este xoves ás 22:00 h haberá unha actividade conxunta de todos os rapaces/zas dos grupos de Buxaina (rapaces e rapazas de 6 a 8 anos) Andaina (rapaces e rapazas de 9 a 11 anos) e ADS (rapaces e rapazas de 12 a 13 anos) .A Actividade consiste en pasar unha noite todos e todas xuntas con actividades pola noite. A actividade comezará ás 22:00 horas da noite coa representación dun circo por parte dos nenos e nenas de ADS, despois tomaremos un cacao quente e haberá un conto para antes de durmir e rematará ás 09:30 horas da mañá.
Ir á Portada volta atrás imprimir