Sen Batuta

O xoves 8 de xaneiro ás 20.30 horas concerto de Miró Ensemble no paraninfo do IES Otero pedraio.

Actuación dentro do Ciclo de Música de Cámara Cidade das Burgas "SEN BATUTA".

Impulsados por unha visión diferente de entender a música, estos cinco músicos se xuntan como agrupación profesional despois de compartir unha traxectoria paralela que unificou os criterios de cada un deles.

Os compoñentes estudaron en España, Francia, Reino Unido e Alemaña, e todos eles exercen a súa actividade musical en importantes orquestras, entre elas a Real Orquestra Sinfónica de Sevilla ou a Orquestra da
Comunidade Valenciana.

O repertorio do Miró Ensemble é unha coidada selección, desde unha perspectiva moderna e xuvenil, de tódalas épocas e estilos, desde o clasicismo ata as vangardas.

Os compoñentes son:

Silvia Careddu (frauta)
José Manuel González (oboe)
Isaac Rodríguez (clarinete)
David F. Alonso (trompa)
Guillermo Salcedo (fagot)

Data:

08/01/2009
Horario:
19:30 h. Charla-coloquio aberto cos integrantes do conxunto
20:30 h. Concerto

Lugar: Instituto Otero Pedrayo
Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo
Rúa Padre Feijoo nº4

Billeteira:

-Caixanova (oficinas, na web www.servinova.com e no teléfono 902 504 500 )
-Taquilla do Auditorio Municipal
-Mesmo día desde 2 horas antes no local do concerto
Prezo: 6 euros
*Descontos do 50% con carné xove/estudiantes e xubilados; menores de 18
anos entran gratis.

Ir á Portada volta atrás imprimir